Thursday 02 de May de 2024

O Camiño das Estrelas chegou a Poulo


Poulo foi novamente parada para a actividade O Camiño das Estrelas, grazas á cal calquera persoa pode vivir a experiencia de contemplar as estrelas, a lúa, constelacións e outros astros a través dun telescopio e seguindo as indicacións de astrónomos profesionais. Debido á nubosidade a cita desenvolveuse no local social, onde se xuntaron un bo número de veciños e veciñas da zona. Barbeiros será o próximo lugar de encontro. Concretamente o vindeiro 4 de setembro a partir das 21.30 horas.

Nesta iniciativa, que forma parte do programa Cultura e Deporte na Rúa e que está organizado polo Concello de Ordes, colaboran Xacobeo 21, Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico José María Ayer.